xoves, 20 de xuño de 2019

Que sabemos dos peregrinos que pasan por Ribadeo?

Estudo realizado polo alumnado de 1º de ESO en base ó rexistro de peregrinos proporcionado pola Igrexa parroquial de Ribadeo:


De onde proceden os peregrinos que pasan por Ribadeo?


Segundo o rexistro parroquial, contabilizamos o paso pola nosa vila dun total de 140 peregrinos no período que vai dende o 13 de xaneiro ó 7 de xuño de 2019. Porén, a súa procedencia foi moi variada, sorprendéndonos en moitos casos a distancia percorrida por moitos peregrinos para facer o Camiño de Santiago.

A escala continental, puidemos comprobar que a gran parte dos peregrinos, un 83% do total, procede do noso continente, Europa, algo que xa esperabamos, posto que o camiño Norte é o máis próximo para as xentes dos países do centro e norte do continente.

En primeiro posto estarían os camiñantes que proceden de distintos puntos de España, conformando un total de 37 peregrinos. Segundo o rexistro, a maior parte dos peregrinos españois proceden de Oviedo (14) e Barcelona (8), datos que non nos estrañan, xa que o Camiño Norte é das rutas máis facilmente accesibles para as provincias do norte. Por isto mesmo, o número de peregrinos redúcese a medida que descendemos cara provincias do centro e sur español, como Toledo (1), Guadalaxara (2), Madrid (2) ou Sevilla (1), xa que seguramente sexa máis común optar por outras rutas do Camiño.

Analizando os datos dos demais países europeos, vimos unha clara maioría corresponde a peregrinos que veñen dende Alemaña, posto que de 117 europeos conforman o total, 34 son alemáns. Os 83 peregrinos restantes veñen en cantidades pequenas, pero podemos destacar os casos de Francia (8 peregrinos), Italia (7 peregrinos) e Inglaterra (4). Aínda menor é o número de peregrinos que proceden de Europa do norte e este: Suecia, Letonia, Lituania, Estonia, Rusia e Ucraína.

Bastante por detrás dos europeos estarían os peregrinos procedentes do continente americano, un 13% do total, mais un número que chama a nosa atención, xa que isto indícanos que moita xente está disposta a facer unha gran viaxe por vir a coñecer o Camiño do Norte. Dentro desta porcentaxe atopamos peregrinos tanto de América do Norte (Estados Unidos e Canadá), como de América Central e do Sur (México, Arxentina e Brasil).

O mesmo acontece no caso do 5% restante de peregrinos procedentes de Oceanía (3 peregrinos de Sidney, Australia) e de África (2 peregrinos de Cidade do Cabo, Sudáfrica). Estas últimas cantidades son pequenas, pero considerámolas moi significativas, especialmente no caso dos peregrinos australianos que comezaron o camiño en Oviedo, xa que antes tiveron que facer unha viaxe de moitas horas para chegar ao seu destino inicial. 



En que meses é maior a afluencia de peregrinos na nosa vila?




Para analizar a maior ou menor afluencia de peregrinos, decidimos seleccionar unicamente os datos de xaneiro a maio, posto que o rexistro só alcanza ata a primeira semana de xuño.
A simple vista, tal e como podemos observar na gráfica que realizamos a partir destes datos, destaca o aumento do paso de peregrinos pola nosa vila a partir do mes de marzo, alcanzando o máximo en abril e maio.

A principal causa disto consideramos que é de tipo climática, xa que nos meses de xaneiro e febreiro estamos en pleno inverno, e a choiva e o frío dificultan facer o camiño. A cantidade de peregrinos aumentaría, pois, en primavera, cando as temperaturas son máis agradables e as precipitacións diminúen. Por iso, a pesar de non ter os datos de todo o mes de xuño, podemos predicir que a cantidade de peregrinos que pasen por Ribadeo sexa igual ou, posiblemente, maior que en maio, posto que o verán está a chegar.



Onde inician o camiño?

Polo que respecta ó punto de inicio escollido polos camiñantes, puidemos comprobar como a maioría opta por facer o camiño completo, comezando a súa experiencia en Irún, no País Vasco. Nesta cidade iniciaron o Camiño Norte 36 dos peregrinos rexistrados. Tamén destaca a elección doutras localidades vascas, como Bilbao (19), San Sebastián (7) ou Hondarribia (2).

Outro menor grupo de peregrinos comeza o camiño en distintas localidades de Cantabria (Santander, Comillas, San Vicente de la Barquera) ou Asturias (Oviedo, Luarca, Navia ou Cudillero). Sen embargo, percibimos un maior aumento no número de camiñantes que escollen Ribadeo como punto de inicio, sendo 25 o total rexistrado.



Prefiren ir sós ou acompañados?
Posto que o rexistro tamén nos indica o número de peregrinos que conformaba cada un dos grupos que pasaron pola Igrexa parroquial, podemos saber cales son as preferencias dos camiñantes á hora de decidir sobre a compañía durante esta experiencia.

Analizados os datos, comprobamos que a maior parte dos peregrinos realizan sós o camiño, un segundo grupo está facéndoo acompañado doutra persoa, mentres que nun terceiro e cuarto lugar atopamos grupos máis ou menos grandes de peregrinos.


Partindo destes datos, podemos supoñer que a maioría da xente prefire realizar o camiño de maneira individual, quizás algúns a consideran unha experiencia que é mellor vivir por eles mesmos. 



domingo, 16 de xuño de 2019

Santuario da Nosa Señora das Virtudes (A Ponte, Arante)

SANTUARIO DA NOSA SEÑORA DAS VIRTUDES

Chegados a Ponte, en Arante, atopamos á beira do noso camiño o Santuario de Nosa Señora das Virtudes. A orixe deste templo data de finais do século XIV, aínda que foi reformado nos séculos posteriores.

O santuario presenta unha soa nave, no interior un gran arco triunfal oxival e un presbiterio con armadura interior de madeira, ao igual que a nave. Destacamos o retablo maior de estilo barroco, feito no século XVIII e realizado en madeira policromada, onde se nos presenta a Virxe da Nosa Señora das Virtudes.


Na década de 1970 quedou ao descuberto un magnífico conxunto de pinturas murais realizadas coa técnica do fresco, o que lle conferiu á capela un gran valor patrimonial:
  • Na ábsida da capela localízanse, no muro sur, varias escenas de estilo tardogótico alusivas á infancia de Cristo: a Natividade, a Adoración dos Reis Magos, a Matanza dos Inocentes ou a fuxida a Exipto.
  • Na parte interna das pilastras que sosteñen o arco triunfal podemos ver, no muro sur, un home rico ofrecendo un saco cheo, posiblemente, de moedas; e na pilastra do muro norte, enfrontándose ó anterior, a Morte viva (alegoría da peste) representada mediante un esqueleto a punto de disparar unha frecha.
  • No muro norte tamén aparecen un trío mariano, a Asunción, a Coroación de María e o Descendemento.
  • Finalmente, no muro sur atopamos unhas pinturas algo posteriores, do século XVII, onde se fai alusión a un naufraxio. O capitán do navío, tras encomendarse á virxe, consigue sobrevivir milagrosamente, chegando san e salvo a porto. De maneira que nos atopamos ante un exvoto, ofrenda en agradecemento á Nosa Señora.

A finais de maio ou comezos de xuño, ten lugar aquí a popular romaría das Cruces, onde se celebra a vitoria das xentes do lugar contra os franceses dentro do contexto histórico da Guerra da Independencia.

SANTUARIO DE NUESTRA SEÑORA DE LAS VIRTUDES

Llegados a Ponte, en Arante, encontramos al lado de nuestro camino el Santuario de Nuestra Señora de las Virtudes. El origen de este templo fecha de finales del siglo XIV, aunque fue reformado en los siglos posteriores.

El santuario presenta una sola nave, en el interior un gran arco triunfal ojival y un presbiterio con armadura interior de madera, al igual que la nave. Destacamos el retablo mayor de estilo barroco, hecho en el siglo XVIII y realizado en madera policromada, donde se nos presenta la Virgen de Nuestra Señora de las Virtudes.

En la década de 1970 quedó al descubierto un magnífico conjunto de pinturas murales realizadas con la técnica del fresco, lo que le confirió a la capilla un gran valor patrimonial:
  • En el ábside de la capilla se localizan, en el muro sur, varias escenas de estilo tardogótico alusivas a la infancia de Cristo: la Natividad, la Adoración de los Reyes Magos, la Matanza de los Inocentes o la huida a Egipto.
  • En la parte interna de las pilastras que sostienen el arco triunfal podemos ver, en el muro sur, un hombre rico ofreciendo un saco lleno, posiblemente, de monedas; y en la pilastra del muro norte, enfrentándose al anterior, la Muerte viva (alegoría de la peste) representada mediante un esqueleto a punto de disparar una flecha.
  • En el muro norte también aparecen un trío mariano, la Asunción, la Coronación de María y el Descendimiento.
  • Finalmente, en el muro sur encontramos unas pinturas algo posteriores, del siglo XVII, donde se hace alusión a un naufragio. El capitán del navío, tras encomendarse a la virgen, consigue sobrevivir milagrosamente, llegando sano y salvo a puerto. De manera que nos encontramos ante un exvoto, ofrenda en agradecimiento a Nuestra Señora.

A finales de mayo o inicios de junio, tiene lugar aquí la popular romería de las Cruces, donde se celebra la victoria de las gentes del lugar contra los franceses dentro del contexto histórico de la Guerra de la Independencia.

A Casa das Algas

A CASA DAS ALGAS

Neste edificio fabricábanse produtos derivados das algas. Estas eran recollidas na ría durante a marea baixa, para sometelas posteriormente a un proceso de secado ao sol, que duraba entre un e tres días. Tamén se empregaban algas húmidas, mais o seu valor era menor. As algas adoitaban  utilizarse na zona da Mariña Lucense para abonar as terras.
A finais do ano 2006 o Ministerio de Medio Ambiente, por medio da Dirección Xeral de Costas, acordou a recuperación da vella fábrica de algas. Catro anos despois, o recinto orixinal foi restaurado e cedido posteriormente ó concello de Ribadeo. Na actualidade é empregado polo club de remo da vila.
O Camiño Norte pasa por diante da Casa das Algas, seguindo a senda que bordea a ría ata chegar ao Muíño das Aceas, antigo muíño de mareas do século XVIII.

LA CASA DE LAS ALGAS

En este edificio se fabricaban productos derivados de las algas. Estas eran recogidas de la ría durante la marea baja para someterlas posteriormente a un proceso de secado al sol, que duraba entre uno y tres días. También se utilizaban algas húmedas, pero su valor era menor. Las algas se solían emplear en la zona de la Mariña Lucense para abonar las tierras.
A finales del año 2006 el Ministerio de Medio Ambiente, por medio de la dirección General de Costas, acordó la recuperación de la antigua fábrica de algas. Cuatro años después, el recinto original fue restaurado y cedido posteriormente al concejo de Ribadeo. Actualmente es empleado por el club de remo de la villa.
El Camino Norte pasa por delante de la Casa de las Algas, siguiendo la senda que bordea la ría hasta llegar al Molino de las Aceas, antiguo molino de mareas del siglo XVIII.


Capela de San Lázaro

CAPELA DE SAN LÁZARO

Atopámonos na rúa de San Lázaro, onde se atopa a capela que leva este mesmo nome, emprazada xusto ao lado do Camiño Norte.
A Capela de San Lázaro quedou como único vestixio do antigo hospital de leprosos do século XIV. O templo foi posteriormente rehabilitado no século XIX.
A construción é rectangular, con bóveda de canón e cuberta a dúas augas, arco triunfal e capela maior, tamén rectangular. Sobre a porta lateral atópase o escudo de Ribadeo, feito en pedra. Na porta de esquerda, gardado por unha reixa, hai un pequeno altar.


CAPILLA DE SAN LÁZARO

Estamos en la calle de San Lázaro, donde está la capilla que lleva este nombre, emplazada justo al lado del Camino Norte.
La Capilla de San Lázaro quedó como único vestigio del antiguo hospital de leprosos del siglo XIV. El templo fue posteriormente rehabilitado en el siglo XIX.
La construcción es rectangular, con bóveda de cañón y cubierta a dos aguas, arco triunfal y capilla mayor, también rectangular. Sobre la puerta lateral podemos observar el escudo de Ribadeo, hecho en piedra. En la puerta de la izquierda, guardado por una reja, hay un pequeño altar.

Capela da Virxe do Camiño


CAPELA DA VIRXE DO CAMIÑO

A Capela da Virxe do Camiño é un templo situado na rúa San Roque. Non se sabe con certeza cando nin por quen foi construída, pero podemos datala a finais do século XIX, aproximadamente.
Púxoselle ese nome por atoparse á beira do antigo camiño que ía cara a Viveiro.
O edificio consta dunha nave cuberta con bóveda, seguida de catro arcos que sosteñen unha cúpula sobre a capela maior. Do seu interior, é destacable o pequeno retablo de estilo barroco, realizado polo viveirense Tirso Toxeiro no ano 1696.
Do exterior sobresae a fachada principal, cunha porta alintelada cuberta por un pórtico de lousa, e sobre a cal podemos ver unha Cruz de Malta e unha espadana con campanario. Na parte posterior atopamos a chave e as ondas do mar nun pequeno escudo que constitúe a representación máis antiga coñecida do escudo ribadense.
O edificio atópase actualmente en proceso de restauración.

CAPILLA DE LA VIRGEN DEL CAMINO

La Capilla de la Virgen del Camino es un templo situado en la calle San Roque. No se sabe con certeza cuando ni por quién fue construida, pero está fechada a finales del siglo XIX, aproximadamente.
Se le puso ese nombre por encontrarse al lado del antiguo camino que iba hacia Viveiro.
El edificio consta de una nave cubierta con bóveda, seguida de cuatro arcos que sostienen una cúpula sobre la capilla mayor. De su interior, es destacable el pequeño retablo de estilo barroco, realizado por el viveirense Tirso Toxeiro en el año 1696.
Del exterior sobresale la fachada principal, con una puerta adintelada cubierta por un pórtico de pizarra, y sobre la cual podemos ver una Cruz de Malta y una espadaña con campanario. En la parte posterior encontramos la llave y las ondas del mar en un pequeño escudo que constituye la representación más antigua conocida del escudo ribadense.
El edificio se encuentra actualmente en proceso de restauración.

Capela de San Roque

CAPELA DE SAN ROQUE

Capela do século XVI dedicada á devoción de San Roque que foi construída, ao igual que no resto de Galicia, ante a necesidade de protexerse das pestes e demais enfermidades infecciosas. Dende entón, o templo foi un lugar especialmente concorrido polos ribadenses, e hoxe en día continúa gozando de gran devoción entre os fieis.
Durante o século XVIII realizáronse importantes reformas e intervencións, entre as que destaca o retablo, presidido polo seu patrón, San Roque, acompañado por San Sebastián e San Tomás de Aquino, entre outros.
No mes de agosto, celébrase unha das festividades máis queridas na honra deste mesmo santo, copatrono de Ribadeo, nas que destacan os desfiles dos Cocos e Cabezudos, símbolos da vila moi queridos por todos.

CAPILLA DE SAN ROQUE

Capilla del siglo XVI dedicada a la devoción de San Roque que fue construida, al igual que en el resto de Galicia, ante la necesidad de protegerse de las pestes y demás enfermedades infecciosas. Desde entonces, el templo fue un lugar especialmente concurrido por los ribadenses, y hoy en día continúa disfrutando de gran devoción entre los fieles.
Durante el siglo XVIII se realizaron importantes reformas e intervenciones, entre las que destaca el retablo, presidido por su patrón, San Roque, acompañado por San Sebastián y Santo Tomás de Aquino, entre otros.
En el mes de agosto, se celebra una de las festividades más queridas en honor a este santo, copatrono de Ribadeo, en las que destacan los desfiles de los Cocos y Cabezudos, símbolos de la villa muy queridos por todos.

Capela da Terceira Orde

CAPELA DA TERCEIRA ORDE DE RIBADEO

A Terceira Orde de San Francisco, fundada en 1679, converte a vila de Ribadeo nun custodio do paso da devandita orde, fundada no século XIII por San Francisco de Asís. Porén, a antiga capela foi destruída en 1826, polo que a construción do actual templo responde a unha doazón realizada á cidade a comezos do século XX pola viúva de Don Ramón González, un ribadense que fixo fortuna tras emigrar a Arxentina. Precisamente, no interior do templo un mausoleo garda as súas cinzas.
O templo está emprazado na praza do mercado, posúe planta de cruz latina, e o presbiterio e o cruceiro están separados por arcos apuntados. Chaman a atención a decoración en pedra dos seus vans e pilastras, así como na madeira do coro e do púlpito, sen esquecer o retablo do s. XVIII, o cal provén da anterior capela.
Na porta da capela pode verse un cartel de madeira que di: “Pan de San Antonio para os Pobres. Esmolas – Peticións”, acompañado de ranuras para as mesmas. Isto responde a unha antiga tradición baseada nunha  lenda na que, por intercesión de  San Antonio, se obra un milagre en favor dos pobres. O diñeiro aquí recaudado vai destinado á axuda dos necesitados.

CAPILLA DE LA TERCERA ORDEN DE RIBADEO

La Tercera Orden de San Francisco, fundada en 1679, convierte la villa de Ribadeo en custodio del paso de dicha orden, fundada en el siglo XIII por San Francisco de Asís. Sin embargo, la antigua capilla fue destruida en 1926, por lo que la construcción del actual templo responde a una donación realizada a comienzos del siglo XIX por la viuda de Don Ramón González, un ribadense que hizo fortuna tras emigrar a Argentina. Precisamente, en el interior del templo un mausoleo guardia sus cenizas.
El templo está emplazado en la plaza del mercado, posee planta de cruz latina, y el presbiterio y el crucero están separados por arcos apuntados. Llama la atención la decoración en piedra de sus vanos y pilastras, así como en la madera del coro y del púlpito, sin olvidar el retablo del s. XVIII, el cual proviene de la anterior capilla.
En la entrada puede verse un cartel de madera que dice: “Pan de San Antonio para los Pobres. Limosnas - Peticiones”, acompañado de ranuras para las mismas. Esto responde a una antigua tradición basada en una leyenda en la que, por intercesión de San Antonio, se obra un milagro en favor de los pobres. El dinero aquí recaudado va destinado a la ayuda de los necesitados.