domingo, 16 de xuño de 2019

Capela de San Roque

CAPELA DE SAN ROQUE

Capela do século XVI dedicada á devoción de San Roque que foi construída, ao igual que no resto de Galicia, ante a necesidade de protexerse das pestes e demais enfermidades infecciosas. Dende entón, o templo foi un lugar especialmente concorrido polos ribadenses, e hoxe en día continúa gozando de gran devoción entre os fieis.
Durante o século XVIII realizáronse importantes reformas e intervencións, entre as que destaca o retablo, presidido polo seu patrón, San Roque, acompañado por San Sebastián e San Tomás de Aquino, entre outros.
No mes de agosto, celébrase unha das festividades máis queridas na honra deste mesmo santo, copatrono de Ribadeo, nas que destacan os desfiles dos Cocos e Cabezudos, símbolos da vila moi queridos por todos.

CAPILLA DE SAN ROQUE

Capilla del siglo XVI dedicada a la devoción de San Roque que fue construida, al igual que en el resto de Galicia, ante la necesidad de protegerse de las pestes y demás enfermedades infecciosas. Desde entonces, el templo fue un lugar especialmente concurrido por los ribadenses, y hoy en día continúa disfrutando de gran devoción entre los fieles.
Durante el siglo XVIII se realizaron importantes reformas e intervenciones, entre las que destaca el retablo, presidido por su patrón, San Roque, acompañado por San Sebastián y Santo Tomás de Aquino, entre otros.
En el mes de agosto, se celebra una de las festividades más queridas en honor a este santo, copatrono de Ribadeo, en las que destacan los desfiles de los Cocos y Cabezudos, símbolos de la villa muy queridos por todos.