domingo, 16 de xuño de 2019

Capela da Terceira Orde

CAPELA DA TERCEIRA ORDE DE RIBADEO

A Terceira Orde de San Francisco, fundada en 1679, converte a vila de Ribadeo nun custodio do paso da devandita orde, fundada no século XIII por San Francisco de Asís. Porén, a antiga capela foi destruída en 1826, polo que a construción do actual templo responde a unha doazón realizada á cidade a comezos do século XX pola viúva de Don Ramón González, un ribadense que fixo fortuna tras emigrar a Arxentina. Precisamente, no interior do templo un mausoleo garda as súas cinzas.
O templo está emprazado na praza do mercado, posúe planta de cruz latina, e o presbiterio e o cruceiro están separados por arcos apuntados. Chaman a atención a decoración en pedra dos seus vans e pilastras, así como na madeira do coro e do púlpito, sen esquecer o retablo do s. XVIII, o cal provén da anterior capela.
Na porta da capela pode verse un cartel de madeira que di: “Pan de San Antonio para os Pobres. Esmolas – Peticións”, acompañado de ranuras para as mesmas. Isto responde a unha antiga tradición baseada nunha  lenda na que, por intercesión de  San Antonio, se obra un milagre en favor dos pobres. O diñeiro aquí recaudado vai destinado á axuda dos necesitados.

CAPILLA DE LA TERCERA ORDEN DE RIBADEO

La Tercera Orden de San Francisco, fundada en 1679, convierte la villa de Ribadeo en custodio del paso de dicha orden, fundada en el siglo XIII por San Francisco de Asís. Sin embargo, la antigua capilla fue destruida en 1926, por lo que la construcción del actual templo responde a una donación realizada a comienzos del siglo XIX por la viuda de Don Ramón González, un ribadense que hizo fortuna tras emigrar a Argentina. Precisamente, en el interior del templo un mausoleo guardia sus cenizas.
El templo está emplazado en la plaza del mercado, posee planta de cruz latina, y el presbiterio y el crucero están separados por arcos apuntados. Llama la atención la decoración en piedra de sus vanos y pilastras, así como en la madera del coro y del púlpito, sin olvidar el retablo del s. XVIII, el cual proviene de la anterior capilla.
En la entrada puede verse un cartel de madera que dice: “Pan de San Antonio para los Pobres. Limosnas - Peticiones”, acompañado de ranuras para las mismas. Esto responde a una antigua tradición basada en una leyenda en la que, por intercesión de San Antonio, se obra un milagro en favor de los pobres. El dinero aquí recaudado va destinado a la ayuda de los necesitados.