domingo, 16 de xuño de 2019

A Casa das Algas

A CASA DAS ALGAS

Neste edificio fabricábanse produtos derivados das algas. Estas eran recollidas na ría durante a marea baixa, para sometelas posteriormente a un proceso de secado ao sol, que duraba entre un e tres días. Tamén se empregaban algas húmidas, mais o seu valor era menor. As algas adoitaban  utilizarse na zona da Mariña Lucense para abonar as terras.
A finais do ano 2006 o Ministerio de Medio Ambiente, por medio da Dirección Xeral de Costas, acordou a recuperación da vella fábrica de algas. Catro anos despois, o recinto orixinal foi restaurado e cedido posteriormente ó concello de Ribadeo. Na actualidade é empregado polo club de remo da vila.
O Camiño Norte pasa por diante da Casa das Algas, seguindo a senda que bordea a ría ata chegar ao Muíño das Aceas, antigo muíño de mareas do século XVIII.

LA CASA DE LAS ALGAS

En este edificio se fabricaban productos derivados de las algas. Estas eran recogidas de la ría durante la marea baja para someterlas posteriormente a un proceso de secado al sol, que duraba entre uno y tres días. También se utilizaban algas húmedas, pero su valor era menor. Las algas se solían emplear en la zona de la Mariña Lucense para abonar las tierras.
A finales del año 2006 el Ministerio de Medio Ambiente, por medio de la dirección General de Costas, acordó la recuperación de la antigua fábrica de algas. Cuatro años después, el recinto original fue restaurado y cedido posteriormente al concejo de Ribadeo. Actualmente es empleado por el club de remo de la villa.
El Camino Norte pasa por delante de la Casa de las Algas, siguiendo la senda que bordea la ría hasta llegar al Molino de las Aceas, antiguo molino de mareas del siglo XVIII.