domingo, 16 de xuño de 2019

O Cargadeiro

Imagen relacionada


O CARGADEIRO

O Cargadeiro é unha estrutura sostida por sólidos pilares de pedra e armazón metálico que chama moito a atención, pois trátase dunha valiosa testemuña da historia mineira e industrial de Ribadeo.
Para coñecer a súa orixe, debemos remontarnos ós comezos do século XX, momento no que se pon en marcha un proxecto destinado a crear no leste da provincia de Lugo un complexo mineiro-industrial baseado no ferro. O punto de extracción do mineral estaba en Vilaoudriz (A Pontenova), e transportábase por ferrocarril nun recorrido de 34 km, ata que chegaba a Ribadeo e se embarcaba rumbo ao seu destino.
O cargadeiro estivo en funcionamento até 1964, momento no que se inicia o seu abandono, ata que se decide retirar a estrutura metálica por onde circulaban os vagóns do ferrocarril, debido ó perigo que presentaba. Para simular a antiga estrutura, construíuse a actual plataforma de madeira, quedando só como vestixio real as columnas de pedra que a sustentan.

EL CARGADERO

El Cargadero es una estructura sostenida por sólidos pilares de piedra y entramado metálico que llama mucho la atención, pues se trata de un valioso testigo de la historia minera e industrial de Ribadeo.
Para conocer su origen, debemos remontarnos a los comienzos del siglo XX, momento en que se pone en marcha un proyecto destinado a crear en el este de la provincia de Lugo un complejo minero-industrial basado en el hierro. El punto de extracción del mineral estaba en Vilaoudriz (A Pontenova), y se transportaba por ferrocarril en un recurrido de 34 km, hasta que llegaba a Ribadeo y se embarcaba rumbo a su destino.
El Cargadero estuvo en funcionamiento hasta 1964, momento en que se inicia su abandono, hasta que se decide retirar la estructura metálica por donde circulaban los vagones del ferrocarril, debido al peligro que presentaba. Para simular la antigua estructura, se construyó la actual plataforma de madera, quedando solo como vestigio real las columnas de piedra que la sustentan.