domingo, 16 de xuño de 2019

Igrexa de Santa María do Campo


IGREXA DE SANTA MARÍA DO CAMPO

Estamos ante a igrexa parroquial de Santa María do Campo, levantada en 1835 sobre un antigo convento franciscano, e sufrindo diversas reformas con posterioridade.
O templo presenta unha nave central cuberta cunha bóveda nervada. Este tipo de bóveda repítese novamente no cruceiro e nas dúas capelas da esquerda. Ademais da capela maior, atopamos dúas capelas na ábsida e outras dúas abertas no cruceiro.
Do interior destacamos os dous retablos barrocos do século XVIII, así como a presenza de esculturas de san Francisco e Santo Domingo de Guzmán, Santa María do Campo, San Xoán Bautista e San Xoaquín. Tamén podemos atopar escudos de armas pertencentes a algunhas das familias fidalgas máis importantes de Ribadeo.
Xa no exterior, chama a atención a súa porta, datada do século XIV, enmarcada por un arco apuntado de estilo gótico e sostido por catro columnas con capiteis de decoración vexetal. A gran ventá da fachada, tamén gótica, está decorada con puntas de diamante. No século XVIII sufriu a demolición da espadana, e no seu lugar construíuse o actual campanario, de estilo neogótico.

IGLESIA DE SANTA MARÍA DEL CAMPO

Estamos ante la iglesia parroquial de Santa María del Campo, levantada en 1835 sobre un antiguo convento franciscano, y sufriendo diversas reformas con posterioridad.
El templo presenta una nave central cubierta con una bóveda de nervios. Este tipo de bóveda se repite nuevamente en el crucero y en las dos capillas de la izquierda. Además de la capilla mayor, encontramos dos capillas en el ábside y otras dos abiertas en el crucero.
Del interior destacamos los dos retablos barrocos del siglo XVIII, así como la presencia de esculturas de San Francisco y Santo Domingo de Guzmán, Santa María del Campo, San Juan Bautista y San Joaquín. También podemos encontrar escudos de armas pertenecientes a algunas de las familias hidalgas más importantes de Ribadeo.
Ya en el exterior, llama la atención su puerta, datada del siglo XIV, enmarcada por un arco apuntado de estilo gótico y sostenido por cuatro columnas con capiteles de decoración vegetal. La gran ventana de la fachada principal, también gótica, está decorada con puntas de diamante. En el siglo XVIII sufrió la demolición de la espadaña, y en su lugar se construyó el actual campanario, de estilo neogótico.