domingo, 16 de xuño de 2019

O Pazo de Ibáñez

O PAZO DE IBÁÑEZ

O Pazo de Ibáñez é un edificio de estilo neoclásico situado no centro de Ribadeo. Foi mandado construír como residencia particular por Antonio Raimundo Ibáñez, máis coñecido como o Marqués de Sargadelos, a finais do século XVIII.
Don Antonio, procedente dunha familia nobre, pero de escasos recursos, fixo riqueza no ámbito comercial coa creación dunha industria en Sargadelos (Cervo) dedicada á fundición e ás cerámicas. Ademais, o marqués tamén participaba activamente na vida política, o que lle valeu ser acusado de afrancesado e, como consecuencia, ser asasinado por parte do exército real en 1809.
O pazo está fabricado con perpiaños de granito e rematado con cuberta de lousa. Sobresae o traballo de forxa dos balcóns, produto da fundición de Sargadelos. Foi ampliado no século XIX e, actualmente, é propiedade do municipio, funcionando como sede do concello de Ribadeo.

EL PAZO DE IBÁÑEZ

El Pazo de Ibáñez es un edificio de estilo neoclásico situado en el centro de Ribadeo. Fue mandado construir como residencia particular por Antonio Raimundo Ibáñez, más conocido como el Marqués de Sargadelos, a finales del siglo XVIII.
Don Antonio, procedente de una familia noble, pero de escasos recursos, hizo riqueza en el ámbito comercial con la creación de una industria en Sargadelos (Cervo) dedicada a la fundición y a las cerámicas. Además, el marqués también participaba activamente en la vida política, lo que le valió ser acusado de afrancesado y, como consecuencia, ser asesinato por parte del ejército real en 1809.
El pazo está fabricado con perpiaños de granito y finalizado con cubierta de pizarra. Sobresale el trabajo de forja de los balcones, producto de la fundición de Sargadelos. Fue ampliado en el siglo XIX y, actualmente, es propiedad del municipio, funcionando como sede del ayuntamiento de Ribadeo.