domingo, 16 de xuño de 2019

Capela da Virxe do Camiño


CAPELA DA VIRXE DO CAMIÑO

A Capela da Virxe do Camiño é un templo situado na rúa San Roque. Non se sabe con certeza cando nin por quen foi construída, pero podemos datala a finais do século XIX, aproximadamente.
Púxoselle ese nome por atoparse á beira do antigo camiño que ía cara a Viveiro.
O edificio consta dunha nave cuberta con bóveda, seguida de catro arcos que sosteñen unha cúpula sobre a capela maior. Do seu interior, é destacable o pequeno retablo de estilo barroco, realizado polo viveirense Tirso Toxeiro no ano 1696.
Do exterior sobresae a fachada principal, cunha porta alintelada cuberta por un pórtico de lousa, e sobre a cal podemos ver unha Cruz de Malta e unha espadana con campanario. Na parte posterior atopamos a chave e as ondas do mar nun pequeno escudo que constitúe a representación máis antiga coñecida do escudo ribadense.
O edificio atópase actualmente en proceso de restauración.

CAPILLA DE LA VIRGEN DEL CAMINO

La Capilla de la Virgen del Camino es un templo situado en la calle San Roque. No se sabe con certeza cuando ni por quién fue construida, pero está fechada a finales del siglo XIX, aproximadamente.
Se le puso ese nombre por encontrarse al lado del antiguo camino que iba hacia Viveiro.
El edificio consta de una nave cubierta con bóveda, seguida de cuatro arcos que sostienen una cúpula sobre la capilla mayor. De su interior, es destacable el pequeño retablo de estilo barroco, realizado por el viveirense Tirso Toxeiro en el año 1696.
Del exterior sobresale la fachada principal, con una puerta adintelada cubierta por un pórtico de pizarra, y sobre la cual podemos ver una Cruz de Malta y una espadaña con campanario. En la parte posterior encontramos la llave y las ondas del mar en un pequeño escudo que constituye la representación más antigua conocida del escudo ribadense.
El edificio se encuentra actualmente en proceso de restauración.